• A Trompa Galega

     

    Outros nomes: Birimbao, pio pollo, pio poyo, trompa de París, birimba, birimbas, Brummeisen, Judenharfe, Maultrommel, Mundharmonika, gronde, rebube, trompe de Bearn, trompe de laquais, birimbau, birimban, jew’s harp, jew’s trump, ribeba, scacclapensieri, balimbo, berimbau e mirimbau.

    É un instrumento que se mantivo vivo na Fonsagrada. Actualmente pervive en toda Galiza e Asturias. Hai que destacar a Emilio do Pando e a César Fernández como os últimos tocadores antigos de trompa. Hoxe en día estase a recuperar esta tradición, aparecendo xa en gravacións actuais. Tamén hai antecedentes en Asturias e noutros lugares de Galiza como Vigo ou Pontevedra.

    Defínese como un idiofono composto por un pequeno marco de metal, bambú ou madeira, que leva adosada unha variña flexible ou lengüeta vibratoria, fabricada xeralmente no mesmo material que o bastidor, e que, polo común, na súa forma describe contornos similarres aos dunha ferradura ou orquilla.

    A miña afición polo “birimbao”, (nome polo que coñecín a trompa), comeza cando tiña seis anos e alguén me trae unha de Venezuela, probablemente feita nos estados unidos, tiña o sampón e estaba na cama. O certo e que pouco me durou, e polo que lembro, pouco son lle saquei.

    Anos despois, tento contruir unha con alambre de viña e cunha palleta dun muelle de motoserra, tampouco soaba moito e eu aínda non a comprendía. Un bo día, o meu bo amigo amósame unha trompa de Otilio (trompa da Fonsagrada) en Sb. Nese momento descubro os “armónicos”, e éntrame o berme, e el anímame a méterme neste mundo. Comezo a construir de forma autodidacta pero sempre pensando na trompa da Fonsagrada.

    Na recuperación da trompa, quédanos aínda moito camiño, pero para mín, hai feitos moi importantes como foi coñecer e escoitar a Emilio O Pando, gran tocador e a quen eu considero peza fundamental para comprender o son da trompa.

    Tamén quero resaltar o traballo feito por Luciano Pérez na organización das “Xornadas arredor da Trompa”, no ano 2003.

     14 de Marzo de 2010   Sen comentarios

  • Como escoller unha trompa?

    Escoller unha trompa entre as que hai no mercado é cuestión de sorte, case que todas están feitas a máquina, e iste é un instrumento que non se presta para facer a máquina. Unha boa trompa require que o artesán lle adique tempo a cada unha individualmente. Pódense seguir unhas pautas para escollela, que para o meu entender son importantes:


    1. Tonalidade e octava
    2. Marco e tolerancia: A mellor pista, a simple vista, dunha boa trompa é mirar o paralelismo entre a palleta e o marco, moi importante para que a pelleta non golpee o marco.
    3. Que a palleta estea ben suxeita ó marco, sexa con cuña ou por aplastamento.
    4. Dependendo da forma de tocala (para dentro, para afora ou dos dous xeitos), desta última forma, deberá ser unha trompa bastante perfecta.
    5. Un pequeno ronquido: Agarrar a trompa pola parte redonda con dous dedos. Pulsar o percutor suavemente. Ten que dar un pequeño zumbido.
    6. ¿Dura ou blanda ?  Moita da beleza da trompa é propia dela mesma, e o tocador debe coñecela e saber expoñer esta beleza.
     14 de Marzo de 2010   Sen comentarios

  • Proceso de construcción

    • Eu comezo cun ferro redondo ou cadrado ao que temos que facerlle un burato no centro para meterlle a palleta xunto cunha cuña de ferro. Esta forma de encaixar a palleta existe en poucas culturas do mundo, pola referencia que eu teño, Noruega e Galiza.
    • Entre as diversas clasificacións das trompas do mundo, hai unha que distingue entre Idioglótica, composta por un so elemento e Heteroglótica, composta por dous elementos (palleta dun material e marco do outro). O feito de que unha trompa sexa idioglótica ou heteroglótica non aporta ningunha información sobre o seu funcionamento.
    • Como vemos na foto, o lume, vai ser fundamental no proceso de construcción da trompa.
    • Comezamos facendo o furado para a palleta, proceso bastante complexo polo pequeño tamaño do burato e porque os útiles de furar perden o temple.
    • Volta ao lume para estirar o ferro á medida da afinación que queremos.
    • Tamén no lume dámoslle forma.
    • O marco da trompa ten un proceso moi variado: furar, estirar, dar forma, limar e pulir. Para facer máis precisos estes traballos, eu desenvolvín varios útiles.
    • Pasamos agora á palleta, o gran problema: Despois de experimentar con moitas clases de aceiro para comprobar a súa elasticidade, desbotando centos de palletas, comezo a proporcionar o aceiro da palleta, partindo sempre da trompa en Sb da Fonsagrada.
    • Cada constructor dalle o seu estilo, para mín as que tiña probado, andaban un pouco escasas de volume.
    • Eu comecei afinando primeiro a de Sb bastante precisa, para despois ir desenvolvendo tódalas tonalidades dende Sb grave ata Re natural.
     14 de Marzo de 2010   Sen comentarios